Previsións de crecemento do PIB de Galicia
O obxectivo deste informe é triple. Primeiro, ordena e presenta todas a previsións dispoñibles para o PIB de Galicia. Segundo avalía e informa da capacidade predictiva das diferentes institucións públicas e privadas. En derradeiro termo e a partires do anterior, o informe ofrece unha previsión de consenso baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles e propón unha banda de confianza a partires da información máis recente do Indicador ABANCA-Foro de conxuntura económica.
Barómetro exportador – BAEXGA
O Baexga é un novo instrumento presentado polo Foro Económico de Galicia para avaliar a marcha das exportacións galegas tanto en volume como en número de empresas, en comparación coa media española. Utiliza catro variables de medición aplicadas tanto ao volume exportado coma ao número de empresas exportadoras: a evolución total no período, o destino das exportacións aos países da UE ou ás economías emerxentes (EE) e a evolución total na última década.
O Baexga é coordinado por Albino Prada Blanco.