Galuresa e Megasa, novos socios do Foro Económico de Galicia



Rodiñas

Xaneiro 1, 2020

Participaron como invitados na X Reunión Anual e agora súmanse a ampla carteira de socios que conforman o Foro Económico de Galicia.

Galuresa, empresa familiar que se adica a distribución de hidrocarburos mediante a súa ampla rede de gasolineiras as que engade un novo modelo de negocio en colaboración con Gadisa para a implantación de supermercados en estacións de servizo.

Megasa é un grupo familiar fundado en 1953, especializada na produción e distribución de productos siderúrxicos largos e conta con máis de mil empregados, repartidos entre as distintas plantas de producción e unidades de distribución na península.