Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. A I+D+i: Unha panorámica

22 oct 2020
1 min de lectura
Actualizado: hace 3 días
Data: 22/10/2020
Lugar: Ourense
Hora: 10:30
Nesta primeira nota analízase a I+D+i que amosa melloras nos indicadores do esforzo investidor e emprego a tempo completo en actividades de I+D. Non obstante, cómpre salientar que nos últimos anos estes avances son moito máis notables no Norte de Portugal, abríndose unha brecha importante entre as dúas rexións. Así, en 15 dos 17 indicadores do índice rexional de innovación elaborados pola Comisión Europea, a rexión lusa presenta unha mellor posición relativa: Galicia forma parte das denominadas rexións "innovadoras moderadas", mentres que a rexión Norte é considerada como "innovadora forte".

Comentarios