Empresarios, académicos e personalidades da sociedade civil analizan os grandes desafíos para Galicia

Actualizado: hace 3 días
Data: 13/04/2023
Acto: XII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
Lugar: Muxía
Desde o Foro Económico de Galicia considérase determinante a implantación da Intelixencia Artificial nas empresas como ferramenta básica de mellora dos seus resultados e, polo tanto, da situación económica xeral. Así, a capacidade de integración da IA xerará claras vantaxes competitivas entre as Comunidades Autónomas.
A Intelixencia artificial foi o asunto central do arranque da XII Reunión anual do Foro Económico de Galicia que se celebra hoxe e mañá venres no Parador de Muxía. Máis de setenta expertos, empresarios, académicos, xornalistas e líderes de opinión participan nesta nova edición de reflexión e discusión sobre asuntos estratéxicos para o desenvolvemento de Galicia.
María Bastida, profesora da USC, presentou un informe sobre o “Impacto Económico da Intelixencia artificial en Galicia”, por María Bastida (USC), un diagnóstico do estado actual da IA no tecido empresarial galego que deu a un debate posterior entre Amparo Alonso (UDC), Senén Barro (USC) e Antonio Del Corral (Cinfo)
A principal conclusión deste mapeo indica que as empresas galegas non poden considerarse líderes en IA, na gran maioría dos casos recorren a provedores externos para o desenvolvemento destas ferramentas, (nove veces máis que a media do Estado) pero, ao mesmo tempo, as compañías que teñen a intención de adquirir algún tipo de tecnoloxía intelixente son máis que a media nacional.
Os expertos conclúen que en Galicia a IA está nunha fase moi incipiente e só unha porcentaxe escasa de empresas ten a capacidade para actuar como líder.
En canto ás recomendación, os expertos destacan tres bloques de traballo: a mellora na infraestrutura, a aposta pola formación e o fomento do talento así como o reforzo das líneas de financiamento público.
O segundo gran tema da tarde aborda a transición enerxética coas intervencións de Emilio Bruquetas, de Reganosa e Arturo Gonzalo de Enagás.



Comentarios