top of page

Galicia en boa posición para conseguir unha transición cara o hidróxeno verde

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
14 abr 2023
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 14/04/2023

Acto: XII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

Lugar: Muxía

O impacto económico da implantación da intelixencia artificial nas empresas e institucións galegas, a complexidade da transición enerxética nun entorno de incerteza ou o galego como factor diferencial fgoron abordados en profundidade nas duas xornadas da XII Reunión do Foro Económico de Galicia que rematou cun coloquio co secretario xeral de CC.OO., Unai Sordo.

As xornadas asistiron más de 70 participantes, entre especialistas, profesores universitarios, empresarios, xornalistas e líderes de opinión.

Os aspectos máis técnicos da transición enerxética foron abordados por Emilio Bruquetas, de Reganosa e Arturo Gonzalo de Enagas. Ambos coincidiron en salientar as potencialidades e os retos que supón a transición enerxética para Galicia.

Emilio Bruquetas indicou que a comunidade parte nunha boa posición, pero aínda ten un camiño importante para reducir a cero a dependencia exterior. Tamén recalcou que isto requirirá dunha implantación de enerxías renovables e almacenamento para garantir a dispoñibilidade deste tipo de enerxía.

Pola súa banda Arturo Gonzalo realizou un diagnóstico do contexto global, coa guerra de Ucraina de trasfondo á vez que recalcou o determinante que resultará alcanzar un prezo de fabricación adecuado para conseguir un hidróxeno competitivo.

O papel da lingua galega na empresa

Por primeira vez nas xa doce edicións celebradas da Reunión Anul do Foro Económico de Galicia, abordouse a situación da língua galega en xeral e o seu uso nas empresas de maneira particular.

A sesión da mañá arrincou cunha ampla mesa de expertos da língua como Ramón Villares, Xosé Luís Barreiro, Darío Villanueva e José María Fonseca. Todos eles, achegaron os seus puntos de vista sobre o estado de saúde da lingua galega.

Moderados pola xornalista Fernanda Tabarés, realizaron unha minuciosa análise sobre o uso social e profesional do galego e tamén das perspectivas e estratexias que deberían poñerse en marcha para impulsar o idioma.

Xosé Luís Barreiro, (USC), afirmou que “Hoxe temos un galego cuestionable, os que falan ben consideran que o falan mal, e os que o falan mal pensan que o falan ben”. Para Darío Villanueva é preferible falar de iberofonía que de lusofonía e apostar pola suma dos luso falantes xunto aos hispano falantes, que na súa totalidade acadan máis de 750 millóns de persoas.

Villanueva afirmou, por outra banda, que Galicia está hoxe máis preto do bilingüismo e que falar galego xa non ten unha connotación negativa. O debate sobre o idioma suxeriu tamén a intervención doutros participantes, como a de Senen Barro, quen lembrou que existe un espazo importante para o desenvolvemento do galego nas tecnoloxías.

A XII Reunión Anual do Foro Económico foi clausurada por Unai Sordo, secretario xeral de CC.OO. O líder sindicalista falou de inflación, de emprego e fixo unha especial mención á ausencia dun pacto de rendas.

Tanto o presidente do Foro Económico, Emilio Perez Nieto, como o seu director, Santiago Lago Peñas agradeceron a activa participación dos asistentes e os convidaron a darse cita nun ano no mesmo lugar: na Costa da Morte, Muxía.

Comentarios


bottom of page