top of page

II Foro Económico de Galicia

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
31 mar 2011
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 31/03/2011

Lugar: Mondariz-Balneario

Hora: 11:00

II Foro Económico de Galicia

O foro integra a participantes ideoloxicamente plurais e celébrase a porta pechada, sen garabatas. Nas sesións de traballo usaranse indistintamente o galego e o castelán a escolla de cada un.

O primeiro día escollemos 2 temas para desenvolver en dous bloques. Cada un dos temas será exposto por 2 analistas nun tempo máximo de 30 minutos nos que se incidirá na parte propositiva, e 5 minutos de comentario por outro analista, para despois abrir un debate vivo. O segundo día é dedicado ao sistema financeiro e as visións globais das oportunidades, ameazas, desafíos e fortalezas da economía galega en perspectiva. Os traballos se entregan alomenos cunha semana de antelación a fin de que todos poidan ir preparando as súas reaccións. Os papeis deben centrarse nos aspectos propositivos, se ben é inevitable e necesario facer tamén un avaliación da situación presente. O obxectivo do foro é axudar a construír discursos e políticas públicas horizontais que se poidan manter no fundamental mesmo cos cambios de goberno. O xeito de conciliar o traballo dos xornalistas coa franqueza nos debates basease nas seguintes regras, que coinciden coas do Foro Chaves 2010 e foron entón escrupulosamente cumpridas.

Comentarios


bottom of page