top of page

O deporte reclama o seu peso económico e social

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
5 abr 2024
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 05/04/2024

Acto: XIII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

Lugar: Muxía

Fito: As presidentas de tres clubs galegos analizan o panorama do deporte e o seu impacto económico A presidenta da AIREF advirte dos desafíos do novo marco fiscal europeo

Un intenso diálogo sobre o impacto económico do deporte profesional en Galicia pechou a XIII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia en Muxía, ao que asistiron preto dun centenar de expertos académicos, empresarios e xestores públicos.

As presidentas de tres entidades deportivas: Carmen Lence, Breogán, Lupe Murillo, Pontevedra F.C., Marián Mouriño, Celta de Vigo e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, foron os protagonistas dunha iniciativa pioneira en Galicia, abordar o impacto económico do deporte profesional. Carmen Lence defendeu a aposta polo Breogán, non só polo achegamento económico senón porque apoiar ao club coloca a Lugo no mapa e repercute no conxunto do territorio. A presidenta do Celta, Marián Mouriño asegurou que a xestión do club se leva a cabo como a dunha empresa e que a súa xestión está centrada en abrir o club á sociedade viguesa. Lupe Murillo, puxo de relevo o liderado feminino no deporte.

Outra muller, a presidenta da AIReF (Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal) , Cristina Herrero, repasou a nova etapa que se abre para a política fiscal española no ano 2024, coa volta ás regras fiscais e a entrada en vigor dun novo marco fiscal europeo que terá que incorporarse á realidade española. España, asegurou Herrero, terá que enviar ás institucións europeas o próximo mes de setembro unha estratexia fiscal de medio prazo que reduza a débeda de maneira sustentada. A presidenta repasou as principais novidades da reforma europea, entre as que destacan os plans fiscais estruturais de medio prazo que terán que propoñer os estados membros cun compromiso de medio prazo para reducir a débeda pública. Trátase de plans fixos para un horizonte de polo menos catro anos que só se poderán modificar en circunstancias excepcionais. Obrigan, por tanto, a un exercicio de planificación moi distinto ao que se viña facendo ata o de agora.

Segundo Cristina Herrero, estes cambios esixen unha nova forma de facer política fiscal e supoñen o inicio dunha nova etapa na que a planificación e a coordinación entre as AAPP adquire unha relevancia clave e recalcou que os plans fiscais teñen vocación de permanencia, polo que a súa definición debería gozar dun elevado consenso político.

A segunda sesión tamén permitiu coñecer os principais desafíos que formula a ciberdelincuencia para as empresas e as dificultades para controlar o manexo de datos ante a globalización das operacións, a exposición correu a cargo de José Manuel Rebollal, do INCIBE.

O deporte reclama o seu peso económico e social

Comentarios


bottom of page