O Foro Económico de Galicia reúne en Muxía a expertos para analizar o complexo momento económico

Actualizado: hace 3 días
Data: 24/04/2025
Acto: XIV Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
Lugar: Muxía
Hora: 10:30
Fito: O ex conselleiro do Banco Central Europeo, González-Páramo, analizará os desafíos da política monetaria Tamén se abordará a viabilidade económica dos servizos sanitarios en España
A XIV Reunión Anual do Foro Económico de Galicia comezou esta mañá coa benvida do seu presidente, Emilio Pérez Nieto e a presentación do seu director, Santiago Lago Peñas. Na súa intervención, Lago resaltou que esta edición é a máis aberta, á que asisten máis convidados de fóra de Galicia. “Esta reunión anual pretende é falar de vectores que son fundamentais nestes momentos, mesmo dun deles, o arancelario, non previsto no programa e que será abordado grazas ao traballo de Fernando González Laxe e José Francisco Armesto”
Ao redor de 70 expertos reuníronse nesta primeira xornada no Parador de Muxía. Durante a mañá a supercomputación, a imprescindible xestión de datos nunha contorna dixitalizada, foi analizada por Mateo Valero Cortes, (Barcelona Supercomputing Center). Mateo realizou un repaso sobre o que denominou a “invasión da IA en calquera actividade humana”, pero resaltou de maneira especial a súa achega no ámbito científico, e máis en concreto, na esfera médica.
Os fluxos migratorios como unha oportunidade e non como un problema foi a temática abordada polo profesor Antonio Izquierdo Escribano, da Universidade da Coruña, co comentario do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, o impacto do fenómeno migratorio, acrecentado nos últimos anos con case dez millons de inmigrantes en España na actualidade, xenerou debate entre os asistentes.
Xa na sesión da tarde, a experta en economía sanitaria Beatriz González López-Valcárcel, da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, realizou unha exposición sobre o estado de saúde, en concreto do gasto, do sistema sanitario. A economista, experta en sanidade pública afirmou que a innovación tecnolóxica é a maior partida do gasto sanitario. Valcárcel asegurou que o sistema sanitario está sobre diagnosticado, pero infra tratado e recalcou que é necesario deseñar medidas que, a curto prazo, incentiven a posibilidade do cambio cara a unha sanidade sostible.Ou comentario deste relatorio correu a cargo de Luis Verde Remeseiro, do CHUAC, que foi presentado polo xornalista Miguel Ángel Rodríguez González.
AAs sesións desta primeira xornada remataroon coa conferencia do ex conselleiro do Banco Central Europeo José Manuel González-Páramo, quen disertouou sobre “A política monetaria na encrucillada: leccións e riscos” o economista foi presentado polo conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado.
Segunda xornada
A análise dun dos problemas de maior actualidade a nivel internacional, a política arancelaria dos EE. UU. Abrirá a segunda xornada desta reunión anual, serán os economistas Fernando González Laxe e José Francisco Armesto os que explicarán as posibles consecuencias para a economia galega das ameazas do presidente Trump.
A continuación o análise dun dos principais asuntos pendentes para a economía galega e española, a produtividade, A exposición central será realizada por Juan Francisco Jimeno Serrano, presidente do Consello da Produtividade de España. A súa disertación contará cos comentarios de María Cadaval Sampredo, (USC), Edelmiro López Iglesias (USC), Víctor Nogueira García (Grupo Nogar), Artur Yuste i Tarragó (Grupo Cuevas) e como moderador, Antón Costas Comesaña, presidente do Consello Económico e Social de España.
A reunión anual rematará cunha conversa sobre a relación entre intelixencia artificial e democracia. Nela participarán Daniel Innerarity (Cátedra de Intelixencia Artificial e Democracia, Instituto Europeo de Florencia) e Amparo Alonso Betanzos da Universidade da Coruña, coa presentación da xornalista Fernanda Tabarés Dominguez.









Comentarios