top of page

Os máximos responsables da Axencia Tributaria, de RENFE e de Portos do Estado analizan na XI Reunión Anual do Foro Económico os desafíos dos seus departamentos

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
22 abr 2022
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 22/04/2022

Lugar: Muxía

Hora: 09:30

Nesta segunda xornada o director da Axencia Tributaria (AEAT), Jesús Gascón, impartiu a conferencia "Retos da Administración Tributaria nun contexto de cambio". Jesús Gascón, foi presentado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado.

Na súa intervención Gascón recalcou como un dos problemas máis importantes da Axencia Tributaria é a falta de profesionais informáticos. A xestión e a atención ao usuario vese dificultada porque neste momento conviven distintos perfís de usuarios, o que só quere unha atención en oficina, o que só usa a atención telefónica ou telemática. As cifras déixano claro, antes da pandemia a Agencia Tributaria tiña un millón de visitas mensuais en sedes. Agora máis dun millón son consultas telefónicas e 500 mil en sedes, nesta campaña da Renta.

Con respecto á necesidade de conseguir equilibrios no sistema tributario, Gascón considera que se se quere avanzar neste equilibrio será necesario establecer fórmulas de compensación aos máis afectados, é dicir ás rendas máis baixas.

A segunda intervención da mañá realizouna o presidente de RENFE, Isaías Táboas Suárez cun repaso aos principais retos da compañía. Táboas insistiu en que a entidade que preside está traballando nos programas de mellora, entre eles o Cronos, nos servizos de Cercanías, xa implantado nalgunhas cidades e que permitirá utilizar a tarxeta bancaria para o pago na rede ferroviaria de transporte de pasaxeiros.

Por último o secretario xeral de Puertos del Estado, Álvaro Sánchez Manzanares afirmou na súa intervención que o gran desafío é retirar camións das estradas e pasalos ao ferrocarril. Sánchez Manzanares recalcou que se queremos levar a cabo políticas de sustentabilidade, debemos cambiar o sistema de transporte de mercancía e optar polo ferrocarril.

Os máis do medio cento de persoas, académicos, xestores públicos, empresarios e xornalistas recoñeceron a elección do Parador de Muxía como un lugar excepcional para realizar este encontro de reflexión, debate e propostas comprometidas con Galicia.

Os máximos responsables da Axencia Tributaria, de RENFE e de Portos do Estado analizan na XI Reunión Anual do Foro Económico os desafíos dos seus departamentos

Comentarios


bottom of page