top of page

VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
5 may 2016
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 05/05/2016

Lugar: Illa da Toxa

Hora: 10:00

A organización realizou un catálogo de recomendacións para a prevista negociación do novo modelo de financiamento autonómico, aprobou tres documentos para mellorar a implantación da innovación nas empresas galegas e tamén analizou a fondo as posibilidades para captar investimento estranxeiro e xenerar emprego en Galicia a partir da internacionalización das empresas galegas.

Innovación: os profesores Xosé H. Vázquez e Jorge González Gurriarán presentaron dous traballos sobre a innovación en Galicia. Manuel Fernández Pellicer (Gas Natural Fenosa Galicia) exerceu o seu papel de comentarista do debate e pediu planes axeitados ao xeralmente pequeno tamaño das empresas galegas. Fernando González Laxe moderou o debate e presentou unha análise de fondo para converter a Galicia nun territorio creativo, apostando polas súas fortalezas locais.

Financiamento autonómico: Santiago Lago e Xoaquín Fernández Leiceaga analizaron o funcionamento e a achega a Galicia do actual modelo de financiamento autonómico (2009-16) e propuxeron un panel de actuacións e apoio noutras autonomías para encarar o próximo modelo. A ex conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Elena Muñoz, fixo o papel de comentarista no debate recordando que o actual modelo fixo perder a Galicia 1.400 millóns de euros en financiamento procedente do Estado (de 7.400M€ en 2009 a 6.000M€ en 2014). O xornalista económico José Luis Gómez, moderou o debate.

Galicia, perspectiva internacional: os especialistas de Ernst&Young, Maite Ballester e Rafael Roldán, presentaron un traballo sobre como potenciar o investimento privado en Galicia. O catedrático Xan López Facal presentou un traballo no que recomenda volver a intensificar a relación con Portugal, para promover un desenvolvemento eurorrexional conxunto entre Galicia e o norte luso. Nos últimos doce anos o investimento das empresas galegas no estranxeiro quintuplica ao investimento estranxeiro desembolsado en Galicia. O empresario Víctor Nogueira (Nogar) reclamou investimento estranxeiro para crear novas empresas e proxectos e non tanto para adquirir negocios xa existentes.

A importancia do crédito e a banca propia: o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, explicou a importancia de que Galicia dispoña dunha entidade financeira con sede, servizos centrais e centro de decisión en Galicia. O poñente invitado foi presentado polo empresario Emilio Pérez Nieto (Pérez Rumbao).

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública. Nos sete anos de existencia leva elaborados e publicados 53 documentos de análise sobre os principais desafíos da economía e a sociedade galega (demografía, economía, sectores), de máxima actualidade. A principal característica do Foro Económico de Galicia e que cada traballo inclúe una serie de propostas concretas con solucións para abordar cada problema. A asociación reúne a máis de 60 profesores de universidades de Galicia, España e outros países, empresarios galegos e xornalistas. É unha ferramenta da sociedade civil que pretende contribuír a coñecer mellor os retos, desafíos, oportunidades e ameazas sobre a estrutura produtiva galega, as súas empresas, e o seu sector público.

VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

Comentarios


bottom of page