Expertos convocados polo Foro Económico de Galicia reflexionan sobre os retos territoriais de Galicia

Actualizado: hace 3 días
Data: 08/11/2024
Acto: A Ordenación do territorio en Galicia: Balance e Retos
Lugar: Santiago de Compostela
Hora: 09:00
A ordenación do territorio por parte dos poderes públicos esixe avaliar, xerarquizar e ás veces orientar os intereses privados que compiten polo uso do territorio e presentan demandas diversas. A necesaria regulación ten que incorporar demandas lexitimas de infraestruturas e outros bens públicos.
Á ordenación territorial apela a un traballo de todos os niveis da administración. Con dous criterios: a racionalidade técnica con base no coñecemento; a consideración do longo prazo, que obriga a ter capacidades de anticipación e visión. Neste mesmo sentido os organizadores convocaron a analistas e expertos con distintas visións de maneira a conseguir unha selección de panelistas que combinan a experiencia e coñecemento profesional e científico.
A sede do CES acolleu a unha vintena de expertos, tanto do ámbito público como privado co propósito de reflexionar sobre a ordenación e uso do territorio en Galicia. Esta primeira xornada estivo estruturada en catro paneis co ánimo de abarcar de forma integral todos os aspectos que permitan elaborar un diagnostico completo das necesidades e carencias para ofrecer propostas que acheguen solucións
Tras a inauguración da xornada por parte de Victor Nogueira, presidente do Grupo Nogar e membro do Foro Económico de Galicia, a primeira mesa de debate reuniu a Daniel Hermosilla, do Grupo Rodiñas, Xavier Simón, da Universidade de Vigo, Inés Santé, da Universidade de Santiago de Compostela e Luciano Alfaya, do Colexio de Arquitectos de Galicia. Os catro relatores abordaron desde as súas perspectivas particulares as necesidades actuais da sociedade galega en materia de chan.
A experiencia é, sen dúbida, un factor fundamental a ter en conta á hora de abordar a ordenación territorial. Baixo a moderación de Xoaquín Fernéndez Leiceaga, tres xestores públicos, o ex conselleiro de Infraestruturas e ex alcalde de Santiago, Agustín Hernández, María José Caride, responsable de urbanismo do concello de Vigo e a senadora autonómica e ex concelleira de Pontevedra, Carme da Silva, realizaron un balance sobre distintas experiencias na materia: lei do litoral , Plan de Ordenación Territorial, Plan Xeral de Ordenación Municipal, necesidade de construción de vivenda etc.
A DANA de Valencia xurdiu na mesa dedicada ao contexto europeo e internacional, un dos relatores, o profesor da Universidade de Valencia, Ximo Farinós, afirmou que a traxedia acontecida demostra de maneira tráxica a necesidade dunha ordenación territorial cientificamente planificada. Tamén participaron nesta mesa os profesores da Universidade de Santiago, José Antonio Aldrey Vázquez, José María Tubío xunto ao moderador, Emilio Martínez Rivas.
A mesa de peche desta primeira xornada sobre a ordenación do territorio, abordou as dificultades e oportunidades que ofrecen as políticas sectoriais sobre o territorio. Nesta mesa interviñeron Andreas Hildebrand, en representación da Junta de Andalucía, Alba Nogueira, da USC e José María Tubío, tamén da USC.



Comentarios