O Foro Económico de Galicia e o ministro de Economía, Carlos Cuerpo, manteñen unha reunión de traballo sobre os retos e desafíos da economía galega

Actualizado: hace 3 días
Data: 04/02/2026
Acto: Conferencia do Ministro de Economía
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
Hora: 11:45
Fito: No encontro, falouse de competitividade, produtividade, demanda enerxética ou absentismo, entre outros temas
O presidente do Foro Económico de Galicia, Víctor Nogueira; o director, Santiago Lago, e a xerente, Lucía Ferreira, recibiron ao ministro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC co seu decano, Xoán Ramón Doldán, antes da reunión que mantiveron na sala de xuntas do centro con membros do Foro Económico; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites; o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o reitor da USC, Antonio López, entre outras autoridades.
Na reunión, o Foro trasladoulle ao ministro diferentes preguntas e propostas sobre o financiamento das empresas, a competitividade, a produtividade, as demandas de mellora na conexión eléctrica para impulsar novos proxectos industriais, o acordo co Mercosur, ou o absentismo.
Carlos Cuerpo explicou os plans do goberno en relación a estes temas e tomou boa nota das demandas e inquedanzas das empresas galegas, todo elo nun ambiente de máxima cordialidade.
Posteriormente, o ministro de Economía mantivo un encontro con más de 500 alumnos e alumnas na Aula A da Facultade, nunha iniciativa do programa Aula Profesional Ecoade que contou co apoio organizativo de Públika. Asistiu o conselleiro de Facenda da Xunta, Miguel Corgos.
O alumnado tivo a oportunidade de preguntarlle ao ministro pola situación do mercado de aluguer de vivenda, as pensións, a dificultade de trasladar en ocasións a boa situación da economía española á microeconomía, ou as relacións entre España e a Unión Europea.





Comentarios