Politólogos e expertos advirten dos riscos da IA e as novas tecnoloxías á hora de xerar información política verificable

Actualizado: hace 3 días
Data: 09/03/2026
Acto: Democracy and Global Governance: 21st Century Challenges
Lugar: CEA - Centro de Estudios Avanzados. Santiago de Compostela
Hora: 16:00
O Foro Económico de Galicia e Ideagov (International Center for Decentralization and Governance) organizaron en Santiago a conferencia internacional ‘Democracia e gobernanza global: retos e desafíos no século XXI’.
Os politólogos e expertos de varias universidades norteamericanas presentes na conferencia debatiron arredor de dous temas de máxima actualidade: a polarización política e o conflito democrático; e o unilateralismo, os recortes á axuda humanitaria e as crisis globais.
Con respecto á polarización en todo o mundo, os expertos destacaron os riscos da Intelixencia Artificial e das novas tecnoloxías á hora de xerar e difundir información política verficable en todo o mundo, engadindo a necesidade de non profundizar no debilitamento das formacións políticas tradicionais neste contexto.
O director do Foro Económico de Galicia e responsable de Ideagov, Santiago Lago, destacou na inauguración da xornada que “debemos potenciar o protagonismo das Ciencias Sociais para gobernar e regular este tipo de avances tecnolóxicos”.
A conferencia tivo unha primeira mesa de debate sobre ‘A polarización e o conflito político en democracia’, na que participaron Jonathan Rodden, da Universidade de Stanford; e Pablo Beramendi, da Universidade de Duke, coa profesora da USC María Loureiro como moderadora.
Nesta primeira sesión, analizáronse as raíces da hostilidade partidista e o estado actual da democracia en Estados Unidos desde unha perspectiva comparativa.
A segunda mesa xirou en torno ao ‘Unilateralismo e as crises humanitarias globais’, e nela interviron Erik Wibbels e Guy Grossman, da Universidade de Pennsylvania. A profesora da Autónoma de Madrid Miriam Hortas-Rico moderou o debate.
Analizáronse as consecuencias do unilateralismo político, a progresiva redución da axuda internacional e os retos que iso supón para os países que acollen a rexugiados.
Na inauguración participaron o reitor da USC, Antonio López; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o presidente do Foro Económico de Galicia, Víctor Nogueira; e o responsable de Ideavov; Santiago Lago.





Comentarios