Galicia 2040: O reto demográfico

Actualizado: hace 3 días
Data: 06/03/2020
Lugar: Santiago de Compostela
Hora: 09:00
Fito: Dende hai un tempo o Foro Económico de Galicia traballa nunha nova liña de reflexión baixo o nome de Galicia 2040. Trátase de pensar a Galicia do futuro, a necesidade dunha reflexión ao longo prazo, de fuxir do cortoplacismo e as urxencias do presente. Con esta premisa, en 2020 púxose en marcha o primeiro dos asuntos fundamentais a discutir, a demografía.
O Foro Económico propón pensar a Galicia do 2040
Expertos reflexionan e avanzan propostas sobre o reto demográfico
Resulta imprescindible planificar para adiantarse aos retos do futuro, máis aínda cando se está a reflexionar sobre cambios sustanciais no eido económico, social e asistencial. Cómpre traballar conxuntamente con gobernos, empresas e institucións para debullar o futuro da rexión.
Con esta premisa o Foro Económico de Galicia puxo en marcha o primeiro dos asuntos fundamentais a discutir o pasado 6 de marzo en Santiago de Compostela, a demografía.
Coas cifras na man os académicos e outros expertos convidados polo Foro analizarán cómo será a Galicia do 2040, e como poder alterar as proxeccións para evitar os efectos máis negativos. Qué debemos facer hoxe para anticiparnos á deriva poboacional dos galegos de aquí a vinte anos.
O cambio demográfico reflicte novos escenarios que no eido económico demandan proxectos ambiciosos de transformación da xeración do valor, do modelo produtivo e de competitividade empresarial. Por outra banda, no ámbito da prestación de servizos públicos, requírense servizos e infraestructuras públicas máis eficaces, flexibles e adaptadas aos novos tempos.
A mellor política demográfica é aquela que contempla o incremento e a mellora dos stocks de capital físico, humano, tecnolóxico, organizativo, innovador e social. Todos estes factores son retos reais que se deben afrontar para adaptarse aos cambios na composición das familias, do mercado laboral, da educación, da vivenda e da funcionalidade territorial. Condicións necesarias para encarar un futuro aínda por escribir.
Galicia 2040 é un grupo de traballo dirixido polos profesores Xosé Carlos Arias, María Cadaval e Domingo Docampo, co soporte de José Francisco Armesto.




Comentarios