top of page

Os expertos recomendan a creación dun Consorcio que aglutine as competencias do transporte público

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
18 ene 2023
3 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 18/01/2023

Acto: Galicia 2040. Cara novos sistemas de planificación urbana e territorial

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:45

Todas as cidades europeas están na procura dunha reformulación da urbanidade cara un modelo mais inclusivo, que se estenda á súa contorna. Galicia posúe unha estrutura reticular apoiada en distintas áreas comarcais, en múltiples nodos que teñen un significativo peso para o desenvolvemento dunha determinada área. A dificultade espacial acrecéntase ao considerar tres niveis de estruturación que se superpoñen con relacións de colaboración, pero tamén xerárquicas, tensas e conflitivas: estes miveis atinxen aos eidos político-administrativo, socioeconómico e urbanístico.

Os expertos do grupo de traballo Galicia 2040 consideran que cara aos vindeiros anos o debate sobre a situación territorial seguirá a estruturarse en torno a tres lóxicas: estratexias globais fronte ás solucións de carácter local; argumentos económicos fronte aos valores de tipo identitario e planificación e propostas das administracións fronte á participación cidadá. Os autores do traballo consideran que probablemente no 2040 a distribución administrativa e/ou de competencias dos concellos galegos terá mudado para dar resposta ás tres lóxicas indicadas.

No que atinxe a mobilidade urbana, os expertos recomendan aos gobernos locais impulsar medidas atrevidas, ambiciosas e innovadoras para avanzar nos seus plans estratéxicos de mobilidade. Suxiren a creación dun Consorcio de Transporte que coordine (cando menos nas áreas metropolitanas) as competencias no transporte público, na actualidade repartidas entre Xunta e Concellos. No escenario de 2040 os analistas consideran que debe potenciarse unha rede de transporte público eficiente e reforzarse a intermodalidade máis alá da conexión tren-autobús, relacionándoa tamén coas bicicletas e as sendas ou percorridos peonís dende as estacións cara ao centro.

Canto á movilidade interurbana os grandes retos están vencellados aos problemas climáticos, ambientáis e paisaxísticos, relacionados coa súa integración nas áreas rurais e urbanas, a intermodalidade, a adaptación das estradas e vías aos novos vehículos na procura de conectividade, ou a seguridade viaria.

Neste momento, os Fondos Next Generation de Rehabilitación e Rexeneración Urbana constitúen unha grande oportunidade para avanzar en novas políticas nos devaditos eidos. Estes fondos establecen programas de axudas de rehabilitación a nivel de barrio, programas de actuacións de mellora da eficiencia enerxética, e pulo á rehabilitación de edificios públicos das entidades locais. Pero os expertos advirten que a chegada destes recursos económicos está favorecendo que as decisións das cidades para desenvolver as súas políticas dependan excesivamente do financiamento e das decisións exóxenas.

O traballo do grupo Galicia 2040 tamén afonda nos cambios necesarios en materia de vivienda. Os vindeiros anos deberían comportar un cambio de paradigma na creación de vivenda pública e fomento do alugamento, en contraposición ao déficit histórico que padece o conxunto do pais, en especial se se compara con Europa. Cabe sinalar tamén a necesidade de programas de recuperación de vivendas no rural, aproveitando a conectividade dixital do territorio e a recuperación do interese pola produción agrícola de autoconsumo.

Prevese de aquí a 2040 que a velocidade na xeración de datos propicie unha obsolescencia inmediata dos mesmos o que implicará que a planificación urbana e territorial deba ter certa flexibilidade que facilite unha revisión continuada da estratexia urbana. Esta estratexia será dixital e en tempo real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas da intelixencia artificial.

Os autores deste informe adiantan a probabilidade de que no curto prazo as cidades estean ocupadas por mais persoas sen traballo. Ou dito doutro xeito, a robotización suporá a minoración do mercado de traballo tal e como o coñecemos agora, polo que o patrón de planificación das cidades actuais de equilibrio en espazos para traballar, para gozar do tempo de lecer e durmir ou convivir, tecidos mediante infraestruturas pensadas para o vehículo privado, terá que mudar substancialmente.

Comentarios


bottom of page