top of page

Membros do Foro Económico de Galicia participan no comité de expertos da Xunta

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
12 abr 2020
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 12/04/2020

Lugar: Ourense

Hora: 09:00

Fito: Determinar o impacto económico que as medidas sanitarias e de restrición terán na nosa economía. Debuxar os posibles escenarios de saída da crise. Avaliar e cuantificar as medidas económicas tomadas polas administracións. Propoñer novas medidas económicas, laborais e fiscais para a reactivación.

Galicia vive, como toda España, unha situación que pon a proba a nosa capacidade de xestión, de organización e de unión perante unha emerxencia sanitaria sen precedentes.

Hai uns días o noso Informe de Conxuntura sobre o Impacto do Confinamento provocado polo Covid-19 avanzaba xa os primeiros dados sobre as consecuencias económicas da pandemia.

Enfrontarémonos nos próximos meses a unha baixada inédita do noso PIB e a unha perda de emprego de magnitude, unha crise económica que precisará, seguramente, de importantes sacrificios, tempo e unidade de todos os axentes económicos para liquidala.

A Xunta de Galicia creou un Comité de Expertos destinado a asesorar ao Executivo galego para facer fronte a este momento e os que quedan por vivir.

Nese comité o Foro Económico de Galicia estará representado polo seu presidente, D. Emilio Pérez Nieto, tamén e presidente de Honra do Grupo Pérez Rumbao. Ademais participarán tamén outros especialistas vencellados a esta institución: Santiago Lago Peñas, catedrático da Universidade de Vigo, Fernando González Laxe, ex presidente da Xunta de Galicia e catedrático de Economía da Universidade da Coruña, e Víctor Nogueira, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar e presidente do Grupo Nogar, entre outros.

Desde os seus inicios, este grupo definiuse como unha “plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade.”

Por iso o Foro non dubidou un minuto en responder de maneira afirmativa ao chamamento do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para poñer todo o seu coñecemento e experiencia para responder ás tarefas que se presentan:

  • Determinar o impacto económico que as medidas sanitarias e de restrición terán na nosa economía.

  • Debuxar os posibles escenarios de saída da crise.

  • Avaliar e cuantificar as medidas económicas tomadas polas administracións.

  • Propoñer novas medidas económicas, laborais e fiscais para a reactivación.

Comentarios


bottom of page