Novo socio: o Grupo Rodiñas súmase ao Foro Económico de Galicia

23 mar 2018
1 min de lectura
Actualizado: hace 3 días
Data: 23/03/2018
Lugar: Ourense
Hora: 09:00
O Grupo Rodiñas é unha empresa de referencia do sector da construción, especializada na fabricación e montaxe en obra de elementos prefabricados de formigón con sede na provincia de A Coruña. Estará representada nas actividades do Foro polo seu director, Daniel Hermosilla. Con esta nova adhesión, o Foro reúne un total de 21 socios que apostan pola transferencia de coñecemento en materia económica para tentar contribuír a coñecer mellor os retos, eivas, oportunidades e ameazas sobre a estrutura produtiva galega, as súas empresas e o sector público.



Comentarios