top of page

A economía galega acelera o seu crecemento no 2024

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
1 abr 2025
3 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 01/04/2025

Acto: Informe de Conxuntura Socioeconómica I/2025

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 11:00

En contraste coa contorna europea da zona euro, tanto a economía galega como a española seguen a amosar un forte dinamismo. No conxunto do ano 2024, o PIB galego medra un 2,8%, catro décimas menos que en España, fronte ao 1% da UE ou o 0,9% da zona euro, o que contrasta coa contracción por segundo ano consecutivo en Alemaña (-0,2%).

Este dinamismo é un dos elementos que salienta o Informe de Conxuntura Socioeconómica presentado esta mañá polos economistas do Foro Económico de Galicia.

O informe, que conta cunha periodicidade trimestral, foi exposto polos seus autores, Patricio Sánchez, Santiago Lago e Francisco José Armesto baixo a coordinación de Fernando González Laxe, na sede de Afundación en Compostela.

Dende a óptica da demanda, a actividade económica de Galicia caracterízase polo equilibrio entre a demanda externa e a interna, con achegas positivas lixeramente superiores na demanda externa. En concreto, a demanda externa achega 1,5 puntos ao crecemento agregado do PIB, fronte a 1,3 puntos no caso da demanda interna. Este dato contrasta coa economía española onde a demanda interna contribue con 2,8 puntos, catro décimas máis que a demanda externa.

No que atinxe ao comercio exterior, as exportación galegas increméntanse un 3,6% respecto ao ano anterior, fronte a tan só un 0,9% estimado para as importacións. O sector exportador galego concentra xa o 8,1% das exportacións españolas e o 4,9% das importacións. Así, as exportacións galegas manteñen unha elevada concentración xeográfica, sectorial e empresarial. A UE concentra case o 72% das exportación galegas, Francia segue a ser o principal destino por diante de Portugal, Italia e Alemaña. Fóra da UE, o Reino Unido mantense como sexto destino das vendas galegas ao exterior, ascendendo Marrocos ao sétimo, e ocupando Turquía o noveno. En canto aos sectores máis exportadores, o téxtil-confección mantense como o sector máis importante en termos de valor por diante do automóbil.

Medra a construcción

Dende o punto de vista da oferta, a construción sitúase como o sector de maior crecemento en Galicia, cun 4,1% (1,6% en 2023). A industria manufactureira amosa un importante dinamismo, cunha medra interanual de 3,8%. O sector servizos tamén presenta un crecemento superior ao estimado no ano anterior, cun 3,3%.

A asignatura pendente segue sendo a menor produtividade relativa do tecido produtivo galego en relación á media española, que se sitúa en torno aos catro puntos. O informe sinala o mal comportamento do sector primario nos últimos anos como o factor determinante no descenso da súa produtividade, que en 2024 se sitúa un 24% por baixo da media estatal.

No eido do emprego o panorama é tamén maís sombrío. O dinamismo da actividade económica non se traslada ao mercado de traballo que presenta síntomas de ralentización nas catro variables consideradas: poboación ocupada, afiliacións, postos de traballo equivalente e horas traballadas. En primeiro lugar, a redución da taxa de desemprego e temporalidade é menos acusada que no ano precedente e, en segundo lugar, a participación das persoas na ocupación aumenta menos que no ano precedente.

As afiliacións a Seguridade Social é o indicador que amosa un mellor comportamento do mercado laboral, cunha medra do 1,7% situándose esta porcentaxe no 1,4% no caso da poboación ocupada estimada pola EPA (1,8% e 2,3% no ano anterior).

En canto a poboación activa o informe salienta -por cuarto ano consecutivo- unha medra interanual que se sitúa no 1%, un crecemento que se concentra na poboación estranxeira: un 10,7% fronte 0,3% entre os españois.

Por último, os expertos do Foro salientan unha mellora na calidade do emprego: medra do emprego indefinido e descende a xornada a tempo parcial. En canto ao perfil do emprego creado, advirtese maior dinamismo no emprego feminino, na poboación estranxeira e nos perfis con estudos de orientación profesional e estudos superiores.

A economía galega acelera o seu crecemento no 2024
A economía galega acelera o seu crecemento no 2024
A economía galega acelera o seu crecemento no 2024

Comentarios


bottom of page