top of page

Carmen Lence defende “a importancia da industria láctea para manter un rural vivo en Galicia”

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
16 nov
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 16/11/2026

Acto: Reunión de traballo na Zona Franca de Vigo con Carmen Lence

Lugar: Consorcio Zona Franca de Vigo

Hora: 13:00

“Somos a típica empresa familiar polo que respecta ao noso compromiso social e local”, asegurou esta mañá Carmen Lence, presidenta do grupo Lence, nun encontro de traballo organizado polo Foro Económico de Galicia na Zona Franca Vigo.

Lence repasou a traxectoria da súa empresa desde o ano 2019, pasando de 130 a 296 millóns de euros de facturación, con 300 empregos directos e 1.000 indirectos a día de hoxe.

Entre os valores herdados do seu pai e fundador da empresa, Jesús Lence, destacou “a coraxe, a perseverancia, a necesidade de fomentar a colaboración, e a prioridade de traballar pola excelencia”.

O grupo Lence é a única empresa galega entre as dez lácteas máis grandes de España, “e todo o leite que compramos e transformamos é leite galego, un compromiso e unha forma de traballar da que estamos moi orgullosos”.

Con respecto aos desafíos do sector rural, Carmen Lence fixo mención ao relevo xeracional e á necesidade de facer fronte á tendencia á baixa do número de explotacións e de gandeiros.

Por último, manifestou que “a industria láctea é crucial para manter un rural vivo” e que “Galicia está nunha posición privilexiada para liderar o sector lácteo en España”.

Xunto a Carmen Lence, estivo David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, que destacou “o crecemento da empresa nos últimos anos, baixo a presidencia de Carmen Lence”, e a importancia “de apostar polo sector agroalimentario en Galicia.

Asistiron tamén ao almorzo Lucy Amigo, presidenta do Consello Galego de Colexios de Economistas; Santiago Lago-Peñas, director do Foro; Lucía Ferreira, xerente do Foro; Belén Fernández, Patricio Sánchez e Juan Picos, da Universidade de Vigo; Edelmiro López, da USC; Manuel Pérez e José Armesto Pina, de CES Galicia, e unha ampla representación de empresarios e académicos galegos.

Carmen Lence defende “a importancia da industria láctea para manter un rural vivo en Galicia”
Carmen Lence defende “a importancia da industria láctea para manter un rural vivo en Galicia”

Comentarios


Ya no es posible comentar esta entrada. Contacta al propietario del sitio para obtener más información.
bottom of page