top of page

O Foro analiza co presidente de Hisdesat a importancia actual da xeoestratexia e a defensa na economía mundial

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
25 may
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 25/05/2026

Acto: O Foro Almorza co militar da Mariña Española, Santiago Bolívar Piñeiro

Lugar: Zona Franca de Vigo

Hora: 09:30

O Foro Económico de Galicia celebrou esta mañá un novo almorzo de traballo en colaboración coa Zona Franca de Vigo.

O encontro contou nesta ocasión coa participación de Santiago Bolíbar Piñeiro, almirante da Armada retirado e presidente do Consello de Administración de Hisdesat, empresa de servizos gubernamentais por satélite que actúa nas áreas de defensa, seguridade, intelixencia e servizos exteriores.

Xunto a Santiago Bolívar, estiveron David Regades, delegado da Zona Franca; Víctor Nogueira, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago-Peñas, director do Foro; Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e unha ampla representación de empresarios e académicos galegos.

David Regades abriu o almorzo lembrando que “a Zona Franca de Vigo impulsou este mesmo ano 2026 unha aceleradora especializada en seguridade e defensa, o que reflicte a importancia dos temas que hoxe tratamos neste almorzo”, engadindo que “a nosa prioridade, como ferramenta que somos do Goberno de España, é sempre apoiar ao tecido empresarial para a xeración de emprego”.

Víctor Nogueira, presidente do Foro Económico, agradeceu “a presenza de Santiago Bolíbar hoxe aquí”. “Despois dunha longa traxectoria militar e naval, preside o Consello de Administración de Hisdesat, unha empresa española operadora de satélites para clientes gubernamentais, tanto civiles como militares”.

Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia, asegurou que “ao igual que o cambio climático entrou na axenda hai 10 ou 15 anos, agora hai aspectos como a xeopolítica e a defensa que condicionan a situación económica”

Na súa intervención, Santiago Bolíbar destacou que “Hisdesat proporciona desde hai 20 anos servizos de comunicación seguros por satélite á OTAN e a organismos gubernamentais de diferentes países”.

Fixo tamén referencia á situación xeopolítica e militar actual, analizando os posibles escenarios a curto e medio prazo “para o reparto do poder militar e naval entre as grandes potencias mundiais”.

Traxectoria

Bolíbar, natural de Pontevedra, obtivo o despacho de alférez de navío na Escola Naval Militar en 1975, iniciando unha longa traxectoria ata que ascendeu a Almirante da Flota en 2011.

Desde o ano 2013, ostentou ademais o mando da Forza Marítima Europea (Euromarfor) desde a Base de Rota. En novembro de 2015, xa na Reserva, foi nomeado Presidente do Consello de Administración da empresa HISDESAT, S.A, posto no que continúa.

O Almirante Bolíbar está en posesión das tres Grandes Cruces Nacionais e ten ademais quince condecoracións militares españolas e estranxeiras. É cabaleiro da Lexión de Honra da República Francesa.

Á marxe de ser presidente de Hisdesat, é conselleiro de Hispasat e presidente Nacional da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas e a Garda Civil.

O Foro analiza co presidente de Hisdesat a importancia actual da xeoestratexia e a defensa na economía mundial
O Foro analiza co presidente de Hisdesat a importancia actual da xeoestratexia e a defensa na economía mundial
O Foro analiza co presidente de Hisdesat a importancia actual da xeoestratexia e a defensa na economía mundial

Comentarios


bottom of page