Criterio na elección dos proveedores, formación e supervisión, aspectos clave para implantar con éxito a IA nas empresas galegas

Actualizado: hace 3 días
Data: 21/10/2026
Acto: O Foro Almorza con Francisco Rodríguez de FUNCAS
Hora: 10:00
Os retos e desafíos da implantación da Intelixencia Artificial nas empresas galegas foi o tema dun almorzo de traballo do Foro Económico de Galicia na Zona Franca de Vigo con Francisco Rodríguez-Fernández, director da Área Financeira e de Dixitalización e do Observatorio de Finanzas e Tecnoloxía de Funcas (Fundación das Caixas de Aforro).
No almorzo, baixo o título ‘Intelixencia artificial, emprego e produtividade: ameaza ou oportunidade?’, trataronse os pasos que deben dar as empresas para unha implantación exitosa da IA.
O criterio na elección dos proveedores e a recomendación de elixir máis dun proveedor, a formación interna e a supervisión continua son aspectos claves para implantar a IA nas empresas de forma correcta.
Os expertos recomendan tamén unha implantación progresiva das ferramentas de IA por fases ou procesos dentro de cada empresa para buscar unha maior eficiencia.
Xunto a Francisco Rodríguez-Fernández, estivo David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, que destacou “os programas e iniciativas postas en marcha na Zona Franca para dar unha formación que facilite esta implantación da IA no ecosistema empresarial galego”.
Asistiron tamén ao almorzo Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego da Xunta; Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP); Víctor Nogueira, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago-Peñas, director do Foro, e unha ampla representación de empresarios e académicos galegos.





Comentarios