top of page

Dixitalización, transparencia e colaboración público-privada, chaves para a Administración do futuro

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
24 may 2022
3 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 24/05/2022

Acto: Documento 35

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:30

A reforma das Administracións públicas é unha das políticas 'palanca' que deberá executarse no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) a través do instrumento dos Fondos Next Generation.

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago Peñas presentou hoxe o documento “A reforma que a Administración necesita: propostas para o SXXI”, elaborado por Concepción Campos Acuña, coordinadora de Red Localis, experta en Administración Local e membro do grupo de expertos que elaboraron o Informe "13 propostas para reformar a Administración do Estado (Ministerio de Facenda e Función Pública)” (2021).

No informe, a autora desenvolve unha serie de recomendacións necesarias para acadar os niveis de execución que se requiren dos fondos europeos. O documento indica que a modernización da Administración pública é un proceso que comezou a mediados do século XX, pero que non parece chegue aos seu fin. A falta de éxito atópase en que soamente se basea en leis e tecnoloxía, sen ter en conta o concurso de multiples factores, de persoas, de modelos de organización, de liderado para sacar adiante máis que unha reforma modernizadora, unha transformación do modelo de Administración que poida asumir os retos do SXXI.

As primeiras recomendacións convidan, por unha parte, a unha simlificación regulatoria. Non é certo que, ante a aparición de dificultades, a primeira opción sexa sempre a reforma do marco regulatorio, pero a evidencia demostrou que non sempre é así, nos últimos anos cada vez apróbanse máis leis, pero non se avalían os seus resultados e impactos na actividade económica. Por outra banda tamén convida a unha simplificación procedemental- Neste senso, o informe salienta que a mera dixitalización supoñerá unha considerable reducción de cargas administrativas. Segundo o Método de Medición de Custos, presentar unha solicitude presencial ten un custe de 80 €, mentres que na presentación electrónica é de 5€.

Reducir a mala burocracia e o seu exceso.

A autora afirma que a burocracia, entendida como os procedementos que garanten os dereitos da cidadanía, ofrece seguridade xurídica e impide arbitrariedades dos poderes públicos. Eses aspectos deben manterse. O resto, as cargas administrativas, deben ser revisadas en clave de desbrurocratización, co principio de unha soa vez, posible coa xestión do dato e avanzando cara a automatización dos servizos públicos. A xestión dos Fondos Europeos é todo un desafío administrativo neste senso.

Pero a disrupción tecnolóxica require á súa vez dunha disrupción organizativa, hai que evitar a “burocracia dixital”; contar con directivos profesionais que traballen por obxetivos e rindan contas, alonxados da posible colonización política dos ámbitos de xestión profesional. Isto supón un cambio cultural nas organizacións que leve a profesionalización da dirección pública. Neste senso, unha das recomendacións máis importantes é a avaliación das políticas públicas. O único xeito de coñecer se as medidas son as acertadas é que tras a súa implantación se proceda ao seguemento e avaliación, sen que neste intre sexa habitual dita práctica. Este proceso avaliativo sistematico das políticas públicas constitue unha necesidade de primeira orde nun Estado democrático avanzado do século XXI.

O informe de Concepción Campos salienta a importancia da colaboración pública-privada: Para Campos, un novo modelo produtivo e a recuperación social esixe un triplo liderado: público, social e privado; xerar sinerxias entre o sector público e privado e apoiar as alianzas, como recolle a Axenda 2030 no ODS 17, e abeirar a percepción da cidadanía e do sector empresrial de que as relacións coa administración son unha carreira de obstáculos.

Finalmente o documento recomenda unha xestión integrada e transparente, tal e como o indica o ODS 16 e na liña de loitar contra o fraude como esixe a Unión Europea, e a máxima optimización das oportunidades que se derivarán da chegada dos Fondos NGEU. Para iso -conclue o documento- é precisa maior colaboración público-privada, o reforzo dos recursos asignados a este fin, poñendo a cidadanía no centro, e que a reducción da burocracia e a xeralización da dixitalización sexan os factores cruciais para acadar o nivel de execución que requiren os Fondos Europeos.

Comentarios


bottom of page