top of page

Estimación do PIB de Galicia para 2017

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
4 abr 2017
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 04/04/2017

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:30

O obxectivo deste informe é triple. Primeiro, ordena e presenta todas a previsións dispoñibles para o PIB de Galicia en 2017. Segundo avalía e informa da capacidade predictiva das diferentes institucións públicas e privadas en 2015 e 2016. En derradeiro termo e a partires do anterior, o informe ofrece unha previsión de consenso baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles para 2017 e propón unha banda de confianza a partires da información máis recente do Indicador ABANCA-Foro de conxuntura económica.

As institucións que máis se teñen aproximado nos dous últimos anos nas súas previsións ex-ante son o Instituto Galego de Estatística (IGE) e Funcas. Pola contra o BBVA Research e Hispalink amosan un nesgo á baixa e AIReF un nesgo á alza.

A previsión de consenso do Foro Económico de Galicia para 2017 combina as cifras que ofrecen IGE, Funcas, BBVA Research e Hispalink tendo en conta a súa capacidade predictiva demostrada en 2015 e 2016, dando máis ponderación a quen atinou máis no pasado. Como resultado, o Consenso do Foro Económico para 2017 é de 2,5%. Porén, a equipa de conxuntura considera, ao abeiro do seu seguimento continuo da conxuntura galega e coa información dispoñible ata marzo de 2017, que ese valor sería un límite inferior dun intervalo que podería chegar ata 2,8%, dependendo do comportamento final da economía española.

Estimación do PIB de Galicia para 2017

Comentarios


bottom of page