top of page

Galicia pode converterse nun referente en innovación biomédica

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
8 may 2025
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 08/05/2025

Acto: Documento V Foro Tecnolóxico: IA na saúde

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:30

Cumprindo co seu obxectivo de análise e transferencia de coñecemento á sociedade, o Foro Económico de Galicia publica hoxe o informe IA na Saúde, asinado polos expertos e responsables do Foro Tecnolóxico, Senén Barro e Luis Otero, ambos profesores da USC e que contou cunha moi ampla participación de expertos académicos, da empresa, centros de investigación e tecnolóxicos e das administracións públicas.

O documento recolle os asuntos tratados por unha trintena de expertos do ámbito da IA na saúde, con perfís moi diversos: profesionais da saúde, matemáticos, físicos, informáticos, economistas, enxeñeiros…, evidendianco a complexidade e multidisciplinariedade do campo. Neste foro analizáronse os principais aspectos da implantación da IA e o papel transformador dun sistema sanitario cada vez máis demandante debido ao envellecemento poboacional. O obxectivo deste grupo de traballo é a utilización da IA como ferramenta crítica para mellorar a eficiencia e a calidade asistencial.

Os relatores afirman que a IA está a transformar a saúde ofrecendo novas formas de abordar a realidade sanitaria, desde a prevención ata a prescrición, pasando pola predición, a descrición e o diagnóstico de enfermidades.

No que atinxe á práctica médica, os expertos avanzan que a IA actuará como un asistente dos profesionais, permitindo diagnósticos máis precisos mediante a interpretación de imaxes avanzadas, a elaboración e análise de datos das historias clínicas ou o seguimiento de pacientes en tempo real. Xunto a estes avances, o informe insite en que en ningún caso estas ferramentas tecnolóxicas buscan substituír a toma de decisións médicas senón potenciar as capacidades dos especialistas para ofrecer unha atención máis eficiente.

O documento aborda tamén, os importantes desafíos que presenta a IA na saúde como a fenda entre a investigación e a práctica clínica, provocada pola falta de infraestrutura axeitada, ademais dun enfoque empresarial limitado para transferir desenvolvementos tecnolóxicos. Destaca tamén o informe a preocupación sobre a seguridade e os rumbos nos sistemas de IA, particularmente relacionados con xénero, etnia e nivel socioeconómico, a necesidade de garantir a validación científica dos sistemas de IA e a adaptación das normativas para protexer a privacidade dos pacientes.

Os autores salientan as enormes expectativas que xenera esta tecnoloxía así como o potencial de Galicia para impulsar o seu uso no eido da saúde, pero destaca tamén unha serie de recomendacións para que a implantación da IA sexa real: a mellora da formación en IA dos sanitarios, a necesidade dunha inversión en infraestrutura tecnolóxica, a creación dun ecosistema colaborativo entre a academia e a industria, un marco normativo que garanta a seguridade dos pacientes e, finalmente, a necesidade de contar co acceso aos datos. Todas estas accións son consideradas como factores claves para posicionar a Galicia como un referente en innovación biomédica.

Finalmente, os expertos coinciden en que Galicia ten a capacidade de consolidarse como un hub global en biofarmacia e saúde dixital, sempre que se fomente a colaboración entre o mundo académico, a industria e a administración pública.

Comentarios


bottom of page