top of page

Os expertos do Foro Económico advirten da necesidade de potenciar o galego na sociedade dixital

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
28 abr 2023
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 28/04/2023

Acto: IV Foro Tecnolóxico

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 09:30

As tecnoloxías lingüísticas, aquelas que se ocupan do procesamento e a manipulación da linguaxe humana, experimentaron un avance espectacular nos últimos anos, con fenómenos como a irrupción de ChatGPT, os programas que falan, len, escoitan e escriben ou as múltiples aplicacións tecnolóxicas.

Hai moitos anos que se utilizan os buscadores no universo Internet, ou que se usan os tradutores automáticos na vida profesional. Pero hai moito máis: asistentes virtuais como Siri ou Alexa; correctores ortográficos e gramaticais; recoñecedores de voz, resumidores automáticos, detectores de plaxio, xeradores de texto a partir de datos, etc.

Este mundo de máquinas que interaccionan entre si e coas persoas,e a necesidade de situar a lingua galega na sociedade e economía dixitais, foron os temas centrais do debate promovido polo “IV Foro Tecnolóxico” organizado polo Foro Económico de Galicia, que reuniu hoxe a máis de trinta expertos nos eidos do galego e as tecnoloxías na sede do Consello Económico e Social de Galicia, en Compostela.

O universo das tecnoloxías linguísticas avanza tan rápido, advirten os expertos, que se unha lingua non está entre as que as máquinas manexan, terá un futuro complicado e ata a súa supervivencia verase ameazada. Ademais -engaden- se un país non desenvolve unha industria potente e talento en tecnoloxías lingüísticas, caerá nunha dependencia tecnolóxica de enormes repercusións socioeconómicas. De feito, as tecnoloxías lingüísticas son -a día de hoxe- o ámbito de maior investimento, interese e impacto da Intelixencia Artificial, e o seu mercado estímase que pode chegar a superar os 300.000 millóns de dólares en 2030.

Abriu a xornada director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, Senén Barro. A continuación, a profesora da USC María Bastida abordou na súa exposición o valor económico do galego. Os investigadores do CITIUS Carmen Magariños e Pablo Gamallo foron os responsables de exponer o proxecto Nós, unha iniciativa que naceu para situar ao galego na sociedade e a economía da intelixencia artificial. O impacto económico ao redor das tecnoloxías linguísticas foi analizado por dous académicos da USC, Luis Otero e Ignacio Rodríguez Gil. Dende a empresa privada, Diego Vázquez, socio director de Imaxin, abordou a industria das tecnoloxías lingüisticas. Para rematar a xornada interviñeron a xestora do proxecto Nós, María Baqueiro e o director da Amtega, Julián Cerviño.

Os expertos do Foro Económico advirten da necesidade de potenciar o galego na sociedade dixital
Os expertos do Foro Económico advirten da necesidade de potenciar o galego na sociedade dixital

Comentarios


bottom of page