top of page

Xunta, universidades e empresas galegas apostan por “reforzar sinerxias e traballar xuntos” para facer fronte “aos retos da ciberseguridade”

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
25 mar
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 25/03/2026

Acto: VI Foro Tecnolóxico

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 09:00

Empresas galegas líderes nos seus sectores, a Xunta de Galicia e as universidades consideran “fundamental establecer en Galicia un ecosistema forte e colaborativo público-privado” para facer fronte “aos riscos e desafíos da ciberseguridade”.

“O fundamental é anticiparse aos ataques”, aseguraron os participantes no VI Foro Tecnolóxico do Foro Económico de Galicia, organizado por Senén Barro, María Bastida e Luis Otero.

Na inauguración da xornada, Damián Rey, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), incidiu nesa necesidade “de que todos os axentes implicados na ciberseguridade traballen xuntos”, destacando que “Galicia é a quinta comunidade autónoma con máis empresas do sector TIC, unha fortaleza que debemos aproveitar”.

Ademáis, asegurou que a finais de ano estarán rematadas as obras do novo Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, que estará en Ourense e será “o corazón deste ecosistema do que falamos”.

Senén Barro puxo en valor que “en Galicia temos un bo sistema público de universidades, centros tecnolóxicos, empresas competitivas e unha administración comprometida coa ciberseguridade”, polo que “o que necesitamos é aumentar as sinerxias e apostar pola formación e o talento”.

Unha das mesas do foro foi sobre ‘Preparación e resiliencia cibernética nos sectores clave. Vulnerabilidades reais e risco sistémico da economía galega’. Moderada por María Bastida (USC), interviron José Antonio Campos Leal (Jealsa); Raquel Jiménez (Gradiant), e Juan Martin Pociello (Abanca).

Campos Leal, Jiménez e Pociello coincidiron en sinalar que “a loita contra a ciberseguridade é unha carreira de fondo e os riscos están en todas partes, un ataque pode entrar desde un proveedor ou un cliente”.

Na mesa destacouse que o 60% das pymes que sufren un ciberataque teñen que pechar nun prazo de seis meses.

A segunda mesa, ‘Capacidades críticas: talento, escala e límites’, contou con Purificación Cariñena (USC); Ana Fernández Vilas (Universidade de Vigo), e Omar Orta (Plexus), moderados por Isabel Neira (USC).

Nesta mesa destacouse a importancia “de reforzar a formación en ciberseguridade xa antes de que o alumnado chegue á universidade”, aproveitando “que as novas xeracións están moi habituadas ao entorno dixital”.

Como dato que reflicte a trascendencia do sector, nunha empresa de servizos tecnolóxicos como Plexus xa traballan más de 100 persoas exclusivamente no departamento de ciberseguridade.

Na última mesa do foro falouse das condicións reais para que a ciberseguridade xere valor económico. Interviron Jessica Cohen (Tarlogic); Pablo Iglesias Veiga (Luckia); Adrián Lence (Amtega), e Norberto Penedo (Xunta de Galicia), moderados por Luis Otero (USC).

En Galicia hai xa preto de 800 empresas que ofrecen produtos e servizos de ciberseguridade, un sector económico que medra máis dun 15% anual para atender todas as necesidades dos ámbitos público e privado. É polo tanto “unha oportunidade” para a economía galega.

Xunta, universidades e empresas galegas apostan por “reforzar sinerxias e traballar xuntos” para facer fronte “aos retos da ciberseguridade”
Xunta, universidades e empresas galegas apostan por “reforzar sinerxias e traballar xuntos” para facer fronte “aos retos da ciberseguridade”
Xunta, universidades e empresas galegas apostan por “reforzar sinerxias e traballar xuntos” para facer fronte “aos retos da ciberseguridade”

Comentarios


bottom of page