top of page

III Reunión Casal de Armán

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
24 may 2018
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 24/05/2018

Lugar: Ribadavia

Hora: 10:00

O sector vitivinícola, temática central da III Reunión Casal de Armán

Dende a súa creación, esta reunión dos membros do Foro céntrase no mundo rural galego conscientes da importancia do sector primario na economía galega. Nesta ocasión, o eido de análise foi o sector vitivinícola que constitúe un dos principais referentes da actividade económica agraria de Galicia. Nomeadamente, estase a falar dunha actividade que ocupa case o 20% da superficie das explotacións galegas e que, en termos de emprego, supón case o 5% dos traballadores galegos na industria alimentaria.

Esta xornada fixo fincapé nos principais retos aos que se enfronta o sector entre os que se atopa, consolidar produto de calidade que garanta e consolide a súa evolución futura. É por iso que aspectos tales como a innovación, a concentración (tanto en superficie como en empresas), a diversificación ou a internacionalización tratáronse por expertos e profesionais do sector ao longo de todo o día. O obxectivo final foi concluir cunha serie de propostas e recomendacións a medio prazo para os distintos axentes implicados que contribúan de maneira decidida á súa mellora.

III Reunión Casal de Armán
III Reunión Casal de Armán

Comentarios


bottom of page