top of page

O sector vitivinícola galego, exemplo de dinamismo e resiliencia no medio rural

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
12 sept 2025
3 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 12/09/2025

Acto: I Foro Rural Terras Gauda

Lugar: Bodegas Terras Gauda

O sector vitivinícola galego consolidouse como un caso de éxito no ámbito rural. Nos últimos 40 anos, desde a entrada de España na Unión Europea, experimentou unha profunda transformación, especializándose en viños de gama media-alta e desenvolvendo un tecido industrial cunha elevada capacidade exportadora. O balance é claramente positivo, aínda que o presente e o futuro do sector non están exentos de desafíos.

Expertos do ámbito académico e empresarial sinalan tres retos fundamentais: O acceso aos mercados internacionais, condicionado pola incerteza derivada das políticas arancelarias, a adaptación da produción aos cambios na demanda xurdidos tras a pandemia, (viños baixos en alchol) e por último, o cumprimento das normativas medioambientais, cada vez máis esixentes. A estes tres grandes desafíos súmase o impacto do cambio climático, que afecta directamente ao cultivo da vide e representa un reto en si mesmo.

Desde o ano 2016, o Foro Económico de Galicia reúne a empresarios, académicos e representantes da administración pública co obxectivo de analizar as necesidades e desafíos do sector rural, un dos piares estratéxicos de Galicia. Este ano, o Foro inicia unha colaboración coas Bodegas Terras Gauda, que se materializa na primeira edición do Foro Rural Terras Gauda. Así, unha iniciativa con máis dunha década de traxectoria renóvase e colle novo impulso, co propósito de achegar unha reflexión rigorosa sobre o futuro do rural galego.

Nesta primeira edición, os coordinadores do Foro —Edelmiro López, Fernando González Laxe e Alfonso Ribas— elixiron como temática central a industria vitivinícola, un dos sectores máis dinámicos e con maior potencial da economía galega.

Unha trintena de expertos, empresarios, investigadores universitarios, representantes das denominacións de orixe e responsables públicos participaron nas cinco sesións que abordaron os principais factores que determinan o bo desempeño dos viños galegos.

O Foro foi inaugurado por Víctor Nogueira, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago, director do Foro; e Antón Fonseca, CEO do Grupo Terras Gauda.súa intervención, o presidente Víctor Nogueira afirmou que o obxetivo do Foro é “crear debate de calidade e trasladar conclusións e propostas au conxunto da sociedade”.

Santiago Lago, declarou que o “viño é a xoia da coroa do mundo rural, é un exemplo de cómo facer as cousas pero debemos ver cómo podemos garantir que o sector siga achegando valor”. O CEO de Terras Gauda, Antón Fonseca,dixo que era un luxo poder reunir a tantas cabezas pensantes e asegourou que o viño en Galicia é “unha cabeza tractora”.

A primeira sesión centrouse en dúas cuestións de máxima actualidade: unha producción vitivinícola en claro descenso e unha baixada no consumo debido a cambios de hábitos dos consumidores. Fernando González Laxe, relator de esta mesa afirmou que o positivo é a gran capacidade exportadora de Galicia. Nesta mesa tamén intervino Andrés Mazaira quen salientou a dimensión reducida dunha maioria de adegas e unha forte competencia en prezos.

Galicia conta con cinco denominacións de orixe, elementos clave para a estruturación e dinamismo do sector. A súa evolución e perspectivas foron analizadas por tres expertos: Ricardo Rivas Barros (Axencia Galega da Calidade Alimentaria - AGACAL), Jorge Vila (director da Galicia Wine Academy) e Ramón Huidobro Vega (secretario xeral do C.R.D.O. Rías Baixas). Para o responsable de AGACAL “ningún outro sector do mundo rural pode presumir de avances tan importantes como no viño”, de feito Ricardo Rivas salientou que Galicia está no terceiro posto en volumne das D.O. do Estado. Ramón Huidobro reivindicou o traballo feito desde o Consello Regulador: “viñamos do mundo do viño tinto, apostamos por gañar a confianza do consumidor”. La Rías Baixas é a D.O. máis estructurada dede o punto de vista mpresarial de todas as D.O. galegas, cunha capacidad de procesado de 5 millóns de kilos.

Pola tarde, abordouse a xestión da terra e as medidas necesarias para combater o abandono rural, un problema especialmente relevante na D.O. Ribeiro. A mesa, moderada por Edelmiro López Iglesias (USC), contou coa participación de Andrés Rodríguez Gómez (presidente da cooperativa Viña Costeira) e Carlos Díaz Redondo (xefe da Área de Xestión de Mobilidade de Terras de AGADER).

Neste apartado, os expertos coincidiron en destacar o papel dos viñedos como cortalumes naturais nos recentes incendios que afectaron á provincia de Ourense, demostrando que o cultivo activo é unha ferramenta eficaz para a prevención dos incendios forestais e a xestión do territorio rural.

Comentarios


bottom of page