top of page

O sector agroalimentario galego demanda “unha maior estabilidade xeopolítica” que respecte “as regras do comercio internacional”

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
11 sept
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 11/09/2026

Acto: II Foro Rural Terras Gauda

Lugar: Bodegas Terras Gauda

Hora: 09:45

O sector agroalimentario galego demanda “unha maior estabilidade xeopolítica mundial” para afrontar con garantías os seus retos de futuro.

O Foro Económico de Galicia organizou hoxe a segunda edición do Foro Rural Terras Gauda para analizar a situación do sector agroalimentario galego no novo contexto internacional.

Entre as conclusións, os expertos coincidiron na importancia de que “a situación xeopolítica sexa estable, que se reduzan as tensións e non afecten ás normas do comercio internacional ou á seguridade na cadea de subministro a nivel mundial”. Na xornada debatiuse dos riscos e as oportunidades do acordo UE-Mercosur, da política de aranceis de Estados Unidos e das consecuencias das actuais tensións xeopolíticas sobre a política comercial internacional.

Coordinado por Edelmiro López Iglesias e José Manuel Andrade Calvo, o foro reuniu nas Bodegas Terras Gauda a empresas do sector agroalimentario, universidades, representantes de UE, Xunta e Goberno central, consellos reguladores, académicos e sindicatos.

Tras a inauguración por parte de Víctor Nogueira, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago Peñas, director do Foro, e Antón Fonseca, CEO do Grupo Terras Gauda, celebrouse unha primeira mesa redonda sobre ‘A política comercial da Unión Europea no novo contexto xeopolítico’, con Beatriz Alvargonzález Largo (Representación de la Comisión Europea en España).

Posteriormente, tratouse o ‘Impacto do acordo UE - Mercosur no sector agroalimentario: oportunidades e riscos’, con José María García Álvarez-Coque, da Universitat Politécnica de Valencia.

A terceira das mesas, ‘A resposta desde as políticas públicas en España e Galicia’, contou coas intervencións de Juan José Cerviño Varela, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e Adrián Martínez, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Xa pola tarde, o Foro continuou coa mesa ‘Visión e demandas das organizacións agrarias ante os novos acordos comerciais da UE’, con María Ferreiro, do Sindicato Labrego Galego (SLG); Jacobo Feijóo, de Unións Agrarias-UPA, e Juan Pérez Sánchez-Orozco, da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA).

A última das mesas, ‘Perspectivas para as principais producións do sector agroalimentario galego: retos e oportunidades’, contou coa presenza de Juanjo de la Cerda, do Clúster Alimentario de Galicia; Juan Vázquez Gancedo, de Bodegas Martín Códax; Jesús González Vázquez, do Consello Regulador das IXP de carne de vacún de Galicia, e Sergio Martínez Alonso, de Innolact - Quescrem.

O sector agroalimentario galego demanda “unha maior estabilidade xeopolítica” que respecte “as regras do comercio internacional”
O sector agroalimentario galego demanda “unha maior estabilidade xeopolítica” que respecte “as regras do comercio internacional”
O sector agroalimentario galego demanda “unha maior estabilidade xeopolítica” que respecte “as regras do comercio internacional”

Comentarios


bottom of page