Mantense a incertidumbre sobre a dimensión da caída da economía galega en 2020

Actualizado: hace 3 días
Data: 20/07/2020
Lugar: Ourense
Hora: 10:30
Se non se produce un novo confinamento semellante ao do mes de abril, a economía galega pechará o ano cunha baixada do seu Produto Interior Bruto (PIB) entre un -8,5 e un -12,7%; e, tendo en conta os dispoñibles acerca da evolución dos indicadores económicos da Comunidade, probablemente, máis preto da primeira cifra que da segunda.
O equipo de traballo, integrado por José Francisco Armesto Pina, Fernando González Laxe, Santiago Lago Peñas e Patricio Sánchez Fernández inclínanse por unhas previsións que se corresponden coa franxa intermedia adiantada na anterior entrega do informe do 8 de maio.
Nesa segunda entrega da análise do impacto do COVID-19 na economía galega, o Foro Económico de Galicia define tres escenarios No primeiro o proceso de recuperación é relativamente rápido e fluído mentres que no segundo os efectos van máis alá do propio confinamento e da imposibilidade de traballar, alterando o funcionamento normal da economía tamén no terceiro e cuarto trimestre. Nestes dous casos, a contracción da actividade económica galega oscila entre o 8,5% do PIB no primeiro escenario e o 12,7% no segundo. Un terceiro escenario considerado tería como obxectivo por en evidencia o efecto demoledor que tería un segundo confinamento tras o verán, similar ao vivido no segundo trimestre do ano. Replícase o primeiro escenario, incluíndo un confinamento adicional a final de ano cun impacto similar ao vivido, de xeito que dunha caída do PIB do -8,5% pasaríamos a un –18,9%. Esta última opción aínda non se debe dar por descartada ao tenor dos múltiples brotes que se están a producir en todo o Estado.
Todas as Comunidades autónomas vense afectadas por unha contracción se precedentes, se ben cabe mencionar a heteroxeneidade do impacto atendendo fundamentalmente á estrutura produtiva
de cada territorio e tamén aos tempos nas fases da desescalada. Neste sentido, varios factores xogan favor da economía galega. Primeiro, o feito de teren sido a primeira Comunidade en sair do estado de alarma e entrar na nova normalidade. Segundo, un maior peso da industria agroalimentaria (a menos afectada polo COVID-19) e unha menor relevancia do turismo respecto da media española. E terceiro, a recuperación do sector da automoción está sendo máis rápida en Galicia.
Asemade, cómpre salientar que, das cinco institucións que achegan previsións sobre o crecemento da economía galega, o Foro Económico de Galicia é a que amosa un maior nivel de acerto nos últimos tres anos. Nomeadamente, a desviación media con respecto ao crecemento oficial foi dun 0,33% fronte ao 0,50% de Funcas e 0,53% de BBVA Research. O ano en que que máis se aproximou a estimación a realidades foi en 2018 mentres que 2019 foi o peor ano no que se atinxe ao acerto da previsión.



Comentarios