top of page

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía e Industria os principais retos para a lexislatura

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
22 mar 2024
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 22/03/2024

Acto: O Foro Almorza coa Conselleira de Economía, Industria e Innovación

Lugar: Hostal dos Reis Católicos - Santiago de Compostela

Hora: 09:30

Fito: Con este primeiro encontro arranca un novo formato do Foro Económico de Galicia: "O Foro Almorza", almorzos de carácter restrinxido, con non máis dunha ducia de membros da entidade con responsables públicos das políticas económicas, tanto galegas como estatais, co fin de intercambiar visións na procura de solucionar os problemas e carencias da economía pública.

Un grupo de membros de Foro Económico encabezado polo seu presidente, Emilio Pérez Nieto, e polo seu director, Santiago Lago, reuniuse esta mañá coa conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, en Santiago de Compostela. Nela foron abordados os principais asuntos que están enriba da mesa nas áreas baixo as competencias da conselleira, a situación do sector da enerxía eólica así como os traballos de Recursos de Galicia, a empresa de capital público-privado creada para que o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia teña unha repercusión directa na economía galega.

Tamén foi abordado o futuro do proxecto de Altri na provincia de Lugo, unha iniciativa empresarial que aspira a producir biofibra para un dos sectores estratéxicos da comunidade, o téxtil.

Outros temas que centraron o almorzo do Foro Económico foron os fondos europeos para a financiación industrial, os PERTES, e de xeito particular o sector da automoción, motor das exportacións galegas.

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía e Industria os principais retos para a lexislatura

Comentarios


bottom of page