top of page

O Foro Económico de Galicia analiza coa portavoz do BNG, Ana Pontón, os retos para a nova lexislatura

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
2 may 2024
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 02/05/2024

Acto: O Foro Almorza coa portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón Mondelo

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 09:30

No almorzo foron abordados os principais asuntos que están na axenda parlamentaria da lexislatura que ven de comezar. A portavoz do BNG falou de tecnoloxía, da necesidade de atraer inversión á Galicia, da transición enerxética, do modelo de financiación autonómica e, de xeito especial da situación do tecido industrial de Galicia.

Durante case as dúas horas do almorzo, tamén foi abordado o futuro do proxecto de Altri na provincia de Lugo, unha iniciativa empresarial que aspira a producir biofibra para uno dos sectores estratéxicos da comunidade, o téxtil.

Outros temas que centraron o almorzo do Foro Económico foron o sector forestal como eido estratéxico para o desenvolvemento e dinamización do rural.

Tamén os participantes abordaron a necesidade de incrementar os fondos para investigación nas Universidades galegas e como potenciar as relacións das universidades e co tecido empresarial.

Comentarios


bottom of page