top of page

O Foro Económico de Galicia analiza o impacto da incerteza xeopolítica no mercado das materias primas

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
24 jun 2025
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 24/06/2025

Acto: O Foro Almorza co experto en agro-commodities globales, Pedro Nonay

Lugar: Zona Franca de Vigo

Hora: 09:30

O Foro Económico de Galicia mantivo esta mañá un novo almorzo con numerosos persoeiros da vida pública e económica de Galicia, que asistiron ao encontro co convidado Pedro Nonay, experto internacional en mercados de materias primas.

Ao encontro asistiron unha vintena de membros do Foro, encabezados polo seu presidente, Víctor Nogueira, o seu director, Santiago Lago, e por David Regades, delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, sé na que tivo lugar o encontro.

O presidente do Foro Económico de Galicia, Víctor Nogueira, foi o encargado de presentar ao ponente e destacou a necesidade de contar con analistas como Pedro Nonay para acadar unha visión global sobre os desafíos no comercio internacional.

O delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, ao fío da conferencia de Pedro Nonay, subliñou a importancia da soberanía comercial e tecnolóxica no momento actual. "A pasada semana recibimos a gran noticia da inxección de 17,2 millónes para a planta de chips fotónicos de Vigo a través da Sociedad Española para la Transformación Tecnológica (SETT). Trátase dunha tecnoloxía clave para a autonomía estratéxica española e europea". Regades subliñou que o Consorcio é das poucas entidades públicas que forma parte do Foro Económico de Galicia e animou ás empresas integrantes a botar man de Zona Franca de Vigo, "como ferramenta do Goberno en Galicia para a colaboración público-privada".

Pola súa parte o director do Foro Económico, Santiago Lago, afirmou que o momento require falar de autonomía enerxética, de defensa e de materias primas, entre outras. Lago subliñou que Europa debe actuar se non quere quedar fora de xogo.

O experto Pedro Nonay explicou cómo a incerteza xeopolítica e a reconfiguración da orde mundial están a marcar o rumbo da evolución dos mercados internacionais de materias primas agrícolas. “Vivimos nunha montaña rusa de eventos e parafraseando a Lenin: “hai décadas que nada pasa e hai semanas nas que pasan décadas”, afirmou o especialista.

Nonay realizou un percorrido polas tendencias que definirán o futuro do sector nos próximos anos, con especial atención ao impacto rexional en Europa. “Estamos a crear unha “asimetría” mundial onde Europa está a ser penalizada por iniciativa propia ao subir o baremo de esixencias comerciais, mentres o resto do mundo actúa de forma máis laxa”.

Coa súa intervención Pedro Nonay quixo achegar ferramentas para perfeccionar estratexias empresariais, fomentar a creación de novas oportunidades e anticipar os retos que será necesario afrontar nunha contorna cada vez máis complexa e dinámica.

O Foro Económico de Galicia analiza o impacto da incerteza xeopolítica no mercado das materias primas

Comentarios


bottom of page