top of page

O Foro Económico de Galicia analizou co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, os retos da economía galega

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
21 jun 2024
1 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 21/06/2024

Acto: O Foro Almorza co Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:30

Durante máis de dúas horas un grupo de membros do Foro Económico de Galicia e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mantiveron un almorzo esta mañá en Santiago de Compostela no que compartiron impresións sobre os retos para a economía galega.

O voceiro do grupo parlamentario socialista estivo acompañado pola deputada Patricia Iglesias Rey e o membro da Executiva Nacional Galega Julio Torrado Quintela.

O líder dos socialistas galegos falou dos desafíos do conxunto da economía da nosa comunidade autónoma e, de xeito particular, dos motivos polos que, según a súa opinión, Galicia sofre un estancamento no seu desenvolvemento.

Para o dirixente socialista, a economía galega crece menos, pérdense empresas e o emprego medra menos que no conxunto de España. Do mesmo xeito afirmou que a comunidade vive grazas ao pulo do conxunto do Estado. Salientou, pola contra, que existe capital humano e posibilidades para ser referentes en ámbitos como a cultura, a innovación, o turismo de cualidade ou as enerxías renovables.

O Foro Económico de Galicia analizou co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, os retos da economía galega

Comentarios


bottom of page