top of page

O sector da automoción ralentiza o crecemento das exportacións galegas

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
17 dic 2021
2 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 17/12/2021

Lugar: CES Galicia (Santiago de Compostela)

Hora: 10:30

Despois de que nos dous primeiros trimestres de 2021 as exportacións galegas rexistraran taxas de crecemento positivas e significativamente por riba da media española, neste terceiro trimestre do 2021 o seu valor amosou unha evolución moito menos favorable que a do conxunto de España.

A variación interanual, con respecto ao mesmo trimestre de 2020 foi negativa( -4,9%) mentres que no conxunto de España medraron un 19,8%.

Estes datos contrastan claramente coa diagnose estructural do volumen de vendas, claramente máis positivo..Nos dous anos anteriores (2019-2020), Galicia acadou porcentaxes de 7,7% e 8% respecto ao total español, fronte a un peso no PIB do 5,2%.

Neste novo Baexga (Barómetro Exportador de Galicia), os autores, Isabel Novo Corti e José Manuel Sánchez Santos, engaden un análisis especifico para as catro provinvcias galegas.

O comportamento a nivel provincial é desigual e está condicionado en gran medida pola concentración sectorial que caracteriza ás distintas provincias. De feito, a única que presenta taxas de variación negativas é Pontevedra, determinado polo comportamento do automóbil. Pola contra, as provincias de Ourense e Lugo son as que presentan maiores taxas de crecemento, se ben son as dúas con menor peso no total das exportacións.

No terceiro trimestre de 2021, o sector do automóvil sofre unha caída interanual do 41,2% que, xunto co descenso do 8,1% do sector téxtil, resultan determinantes na variación negativa que rexistran o total das exportacións galegas.

Entre os sectores que máis medran destacan o de productos minerais (que inclue os combustibles), o dos metáis común e a madeira e as súas manufacturas.

Un Baexga, máis completo, cunha periodicidad trimestral donde cabe salientar o “semáforo” como resumo de 6 indicadores: volumen de exportacións, concentración sectorial, concentración espacial, empresas exportadoras, empresas exportadoras regulares e empresas exportadoras de intensidade tecnolóxica alta. Para obter a cor téñense en conta tanto a nivel relativa de Galicia respecto a España no período analizado como a taxa de variación interanual.

Comentarios


bottom of page