top of page

O sector Fintech: Proposta para desenvolver un HUB en Galicia

Foto del escritor: Alejandro Domínguez Lamela
Alejandro Domínguez Lamela
15 jul 2020
3 min de lectura

Actualizado: hace 3 días

Data: 15/07/2020

Lugar: Santiago de Compostela

Hora: 10:30

Detrás de Google Wallet, PayPal, Apple Pay, Samsung Pay, Bizum -as novas formas de pago que crecen de maneira exponencial- está un puxante sector que une banca e entidades financeiras con tecnoloxía para ofrecer un servizo moito máis flexible, rápido e seguro aos millóns de operacións financeiras que se levan a cabo diariamente. Falamos das empresas Fintech, un concepto que fusiona o mundo financeiro e o tecnolóxico e dixital, e que é o responsable do cambio transcendental que se está a observar no sector financeiro.

A distancia social que impón a actual crise sanitaria, está a impulsar o negocio online onde destacan as fortalezas das empresas Fintech. De feito, moitas entidades financeiras están a recorrer ás Fintech para mellorar a súa oferta de produtos online.

O COVID tamén impulsou o uso de medios de pago dixitais para evitar pagos en efectivo e superficies infectadas, ámbito onde as Fintech son moi innovadoras. Por outra banda, a exclusión financeira ao que aínda están sometida unha porcentaxe elevada da poboación mundial, require dun maior esforzo nun mundo sen efectivo. É aquí onde se abre unha gran oportunidade para as Fintech, prestando un servizo a menor custo a seccións da sociedade máis vulnerables.

Neste senso rexístrase un notable incremento de usuarios de novos servizos nos cales as novas tecnoloxías determinan a forma de interactuar entre os distintos axentes. Cada vez prodúcense máis operacións, ao tempo que as visitas ás dependencias físicas a entidades financeiras están a diminuír.

O obxectivo básico do documento presentado esta mañá polos profesores da USC; Luís Otero e Pablo Durán, é analizar o estado actual do sector Fintech galego e valorar a posibilidade de configurar un ecosistema que favoreza o emprendemento Fintech en Galicia.

A oportunidade que ofrece este sector en materia de creación de empresas e postos de traballo xa se puido constatar noutros países e comunidades autónomas, como Madrid e Barcelona.

O sector Fintech a nivel mundial contaba a finais de 2018 con máis de 12.200 startups (Szmigiera, 2019) e o valor total dos investimentos en empresas Fintech acadou os 111.800 millóns de dólares. Os tres países que contan coas principais empresas do sector son Estados Unidos, Reino Unido e China.

Aínda que España non se sitúa neses primeiros postos a nivel mundial, si conta con empresas deste tipo e o sector está a crecer. Así, o Mapa Fintech de Finnovating en febreiro de 2019 recollía 337 startups españolas en diferentes ámbitos (pagos, préstamos, divisas, etc.), en xullo de 2019 indicaba 358 e en outubro de 2019 subía a 371. As comunidades con maior cantidade destas empresas son Madrid e Barcelona (159 e 75 respectivamente). Galicia ocupa o quinto lugar con 12 empresas (7 na provincia da Coruña e 5 na de Pontevedra) o que pon de relevo a necesidade de deseñar unha estratexia que favoreza tanto a expansión das existentes como o nacemento de novas iniciativas.

Portugal tamén está inmerso nesta senda de crecemento do sector Fintech, Segundo Fintech Portugal, en outubro de 2019 o pais veciño contaba con 116 empresas, duplicando o número respecto a 2017. As empresas do sector prevían crear en España 3.500 empregos directos nos próximos 12 meses.

En base á análise realizada, os expertos do Foro Económico de Galicia propoñen unha serie de recomendacións como son: apoiar o desenvolvemento do talento, modificación de plans de estudo de titulacións para adaptalas á nova contorna tecnolóxica, mellora das infraestruturas, propiciar o aumento da demanda de solucións Fintech mediante a demostración a clientes dos beneficios das solucións Fintech, incremento do financiamento público-privado para atraer capital á industria Fintech, posibilidade de incentivos fiscais de carácter rexional, colaboración entre laboratorios de innovación, incubadoras e aceleradoras, colaboración con institucións como Fintech Spain e o desenvolvemento de proxectos na eurorexión en colaboración coa asociación Portugal Fintech, para a configuración dun hub especializado.

O sector Fintech: Proposta para desenvolver un HUB en Galicia
O sector Fintech: Proposta para desenvolver un HUB en Galicia

Comentarios


bottom of page