Un ano despois do shock a economía galega recupera o seu dinamismo

Actualizado: hace 3 días
Data: 28/09/2021
Lugar: Santiago de Compostela
Hora: 10:30
Hai xusto un ano, no segundo trimestre do 2020, Galicia -como o resto de España e a UE- sufriu a maior contracción económica da historia recente, o PIB galego caía un 17,9%.
Hoxe, neste novo Informe de Conxuntura Socioeconómica relativo ao segundo trimestre do 2021 os analistas do Foro constatan unha medra do 17,5% respecto ao segundo trimestre do ano anterior. Este dinamismo é idéntico ao experimentado pola economía española e de maior intensidade en comparación co conxunto da UE-27 (13,8%) e os países da zona euro (14,3%).
Con todo, a recuperación hai que considerala aínda como incompleta, tendo en conta que o PIB real aínda se atopa 4,2 puntos por baixo do nivel prepandemia, o que supón un mellor comportamento que a economía española (8,4 puntos por baixo)
Esta reactivación da actividade económica en Galicia e en España no segundo trimestre do ano ven motivada por una achega positiva da demanda interna (18,5 puntos) o que contrasta cunha achega negativa do sector exterior en Galicia. Todos os componentes da demanda interna amosan taxas interanuais positivas, tamén é preciso salientar o maior incremento do gasto público en Galicia: 8,2 fronte ao 0,9 en España. Tamén no consumo das familias: Galicia 23,4 fronte ao 4,7 do conxunto de España.
Na comparativa pre crise, compre resaltar que, en primeiro lugar, só o gasto público presenta en Galicia e en España valores superiores aos do cuarto trimestre de 2019; en segundo lugar, que tanto o gasto privado como o investimento presentan unha evolución similar en Galicia; e por último, hai que destacar o acusado diferencial no caso das exportacións (-2% fronte ao -14,3% en España).
En canto á oferta, a reactivación en Galicia e en España rexístrase en todos os sectores, agás no sector primario que presenta unha contracción do 3,6%fronte ao 6,7% en España. Tanto en Galicia como en España os sectores de administración pública, sanidade, educación, actividades financeiras e de seguros presentan no segundo trimestre deste ano valores superiores ao nivel prepandemia, rexistrándose en Galicia as maiores caídas no caso da construción, as actividades artísticas e recreativas.
O mercado laboral
A reactivación permite falar dun incremento do número de activos, máis intenso no caso das mulleres que dos homes e dunha recuperación en termos agregados. En relación ao nivel pre pandemia, o número de horas traballadas (EPA) medra un 35,5%, acadando xa o seu nivel precrise. A pesar desta mellora, Galicia mantense como a segunda CCAA coa participación laboralmías reducida tras Asturias e a quinta coa taxa de ocupación máis baixa.
No segundo trimestre do 2021 a taxa de actividade ascende ata o 52,5% (58,6% no conxunto do Estado) e a taxa de ocupación ata o 46% frinte ao 49,6% en España. Galicia sitúase nun posto intermedio no ranking autonómico na taxa de paro cun 12,4% fronte ao 15,3% do conxunto de España.
A pesar do impacto positivo no eido laboral os analistas do Foro Económico advierten dun deterioro da calidade do emprego: maior intensidade do traballo a tempo parcial, medra de asalariados con contrato temporal e reducción dos contratos indefinidos. Compre mencionar o incremento da desigualdade entre homes e mulleres atendendo a evolución do peso relativo do emprego parcial entre as mulleres: oito de cada dez empregos parciais son femininos.
O Informe de Conxuntura Socioeconómica elaborado polos analistas do Foro, Fernando González Laxe (coord.) José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas, engade o análise do investigador do Grupo GEN, Miguel Rodríguez sobre economía circular.
O profesor advirte da intensificación da globalización coa entrada de China na Organización Mundial do Comercio en 2021, feito que poñe en evidencia a necesidade dun cambio cara a modelos de denvolvemento económico máis sustentables. O experto advirte da necesidade dun debate sobre o papel da economía circular e a súa incorporación nos plans estratéxicos das administracións públicas e das empresas.




Comentarios